Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Anxo Suárez, creador de Suárez Cake: “Con este cambio no laboral sinto que son mellor persoa que antes

Anxo Suárez deixou a informática para buscar a receita da que para el é a mellor torta de queixo. Dous anos despois, moita xente coincide con el e pode celebrar o éxito do seu local en Ourense e pensar xa en expandirse a outras cidades galegas

Anxo Suárez apostouno todo ás tortas de queixo, e saíulle ben; pero ollo, non o volvería facer igual: “Facelo a pesar do medo foi a mellor decisión da miña vida, pero a quen me pregunta agora dígolle que é preciso ter cousas en conta e non facer coma min, que metín nisto case todos os cartos que tiña”.

Este ourensán conta que coa pandemia foi consciente “de que todo é efémero” e que non se vía traballando no sector da informática ata a xubilación. “As tortas de queixo sempre foron a miña sobremesa preferida, gústame moito pedila nos restaurantes, e decidín probar a facelas eu para ver se era quen de atopar a textura que a min me gusta”, explica. Máis de 700 probas despois, Anxo deu coa receita do éxito e decidiu compartir todo isto nunha conta de Instagram.

VER TODO EL ARTÍCULO

0
0
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Para más información mira la Política de cookies